Campanas de México

Menor. - Igrexa de San Bartolomeu de Ínsua - VILALBA

Menor. - Igrexa de San Bartolomeu de Ínsua VILALBA (GALICIA)

Localización Espadana
Diámetro 50
Peso aproximado 72
FundidorDE LA SOTA, JUAN MARÍA
Año fundición 1912
Descripción Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1912 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Inscripción tercio 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1912 ❖ /
2 cordóns.
Inscripción medio Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas de oito puntas. Aos lados dúas figuras, unha Custodia á dereita e Santa Bárbara á esquerda. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns finos cinguen pola metade da stipes. Pegado o cordón inferior do terzo unha greca triangular con decoración vexetal.
Inscripción medio pie 3 cordóns.
Yugo Xugo de madeira.
Mecanismos para tocar Badalo cunha corda
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha 16-11-2023
2 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com