Campanas de México

Campá (1) - Catedral de Santa María - TUI

Campá (1) - Catedral de Santa María TUI (GALICIA)

Localización Sala de campás
Diámetro 39
Altura bronce 36
Borde 4
Peso aproximado 34
Año fundición 1813
Descripción A campá ten unha variante pouco habitual do texto común da maioría das campás galegas. Di " # IHS # MARIA # ANO # DE I8I3 # " cando o normal é pór IHS MARIA JOSE. É o mesmo texto, con pequenas variantes formais, da outra campá pequena, así como o mesmo ano, o que indicaría un autor común.
O anagrama de Jesús, que deberon escribir "IHΣ", corresponde á abreviatura de IHΣUΣ, e escríbese usualmente como IHS. Outra variante JHS procedería do latín, aínda que a segunda letra é o Eta ou E longa grega. Foi introducido como devoción por San Bernardino de Siena (ver San Bernardino de Siena y el Anagrama de Jesús). O seu significado é polivalente: para uns é o inicio do nome de Jesús en grego, para outros son as siglas latinas de IESVS HOMO SALVATOR (JESÚS SALVADOR DO HOME).
Non hai outra mención nin nome de autor, excepto o ano, que deberon escribir ANNO en latín ou AÑO en español.
A campá ten unha cruz con pedestal á parte de fóra.
Inscripción tercio (Cordón) /
" # IHS # MARIA # ANO # DE I8I3 # " /
(2 cordóns)
Inscripción medio (00) (cruz con pedestal)
Inscripción medio pie (3 cordóns)
Inscripción pie (2 cordóns - o inferior dobre)
Prima Fa# 5 -01
Hum Sib 4 -45
Tercera menor Do 6 +06
Quinta Re 6 +49
Octava Lab 6 +18
Toques tradicionales Repique rápido, en combinación coa outra campá pequena.
Toques actuales Repique rápido manual, en combinación coa outra campá pequena.
Repique electromecánico, moito máis lento debido ás limitacións do mecanismo.
Yugo Viga de ferro
Estado original Posiblemente colgaba dunha viga de madeira, sobre todo por motivos acústicos.
Estado de conservación Colga dunha viga de ferro, común coa outra campá pequena, o que modifica e agudiza a sonoridad de ambas.
Moitos defectos de fundición, que non afectan ao son.
Marca demasiado baixa do badalo con perigo de rotura.
Difícil de documentar na súa totalidade por estar moi próxima ao muro lateral.
Electromazo pega no seu punto.
Repique circular do badalo.
Mecanismos para tocar (08) electromazo monofásico PORTILLA - Badalo con cadea
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente de inclusión da campá no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha campá de distinta afinación.
Instalación A instalación foi substituída e debe ser reconstruída para restaurar os valores sonoros e culturais do instrumento, así como os toques tradicionais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual [Campana citada con otras medidas y epigrafía incompleta] (1991)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (11-09-2006)
  • Editor ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 26-10-2016
    18 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com