Campanas de México

San Luis (6) - Catedral do Apóstolo Santiago - SANTIAGO DE COMPOSTELA

San Luis (6) - Catedral do Apóstolo Santiago SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Localización Torre das campás
Diámetro 147
Altura bronce 105
Borde 12
Peso aproximado 1204
Año fundición 1675
Descripción Na parte superior di en latín e en español "SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " que hoxe escribiriamos en latín "SANCTA MARIA SALOME ORA PRO NOBIS" é dicir SANTA MARÍA SALOMÉ ROGA POR NÓS. O resto de inscripción sería actualmente SIENDO ARZOBISPO EL SEÑOR DON ANDRES GIRON Y FABRIQUERO EL CANONIGO JOSE DE VEGA BERDUGO. AÑO DE 1675. Andrés GIRÓN foi arcebispo de Santiago entre 1670 e 1681.
Hai unha pequena cruz grega á dereita, que debería estar no interior da torre, e unha gran cruz con pedestal e tres clavos, rodeada doutras cruces menores á esquerda, que debería figurar ao exterior.
Non se indica o nome do fundidor da campá.
Inscripción tercio (2 cordóns) /
"SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " /
(2 cordóns)
Inscripción medio (03) (Cruz grega pequena)
(09) (Cruz con pedestal, tres cravos e dúas cruces pequenas aos lados do pedestal - Unha e tres cruces pequenas por encima)
Inscripción medio pie (3 cordóns)
Inscripción pie (Cordón)
Prima Do 4 +00
Hum Sol 2 +00
Tercera menor Fa# 4 -37
Octava Do 5 -07
Toques tradicionales Esta campá chámase "San Luís" por motivos descoñecidos. Participaba no toque de defuntos simple e o toque de defuntos solemne.
Toques actuales Toques automáticos de festa e de defuntos
Yugo Madeira
Estado de conservación Defectos de fundición nos ombreiros.
A campá foi virada un cuarto de volta, sen que existan causas de desgastar que o motiven.
Soporte moderno e barra antiga de reforzamento do cepo.
Conserva o badalo, terminado en ollal, que foi cortado, pasado pola asa badaleira e volto a soldar; dese modo pega demasiado alto, con perigo de rotura da campá.
O cepo e as asas da campá foron recubertos de fibra de vidro pintada de verde, seguramente para protexelo. A medio prazo destruirá de xeito irremediable o conxunto de madeira e ferro.
A campá ten diversos grafitos: letras maiúsculas, probablemente iniciais de campaneiros: "J L", "José A. / Puente / M J28-I-54." O día 28 de xaneiro de 1954 foi xoves. "Flor", "RM".
En 2014 o electromazo ten pintado o número 2. Está demasiado próximo á campá. O eixe do electromazo está saído do seu sitio.
Mecanismos para tocar Electromazo monofásico exterior de dobre bobina; electromazo trifásico interior
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para declarala Ben Moble de Interese Cultural.
Valoración En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha réplica.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual (1991)
  • PEDRALS, Joan [Nota musical Sol] (10-11-2000)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (08-09-2006)
  • LLOP i BAYO, Francesc (02-07-2014)
  • Editor LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 25-10-2016
    91 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com