Campanas de México

Martiño (1) - Catedral de San Martiño - OURENSE

Martiño (1) - Catedral de San Martiño OURENSE (GALICIA)

Localización Cuarto das campás
Diámetro 58
Altura bronce 52
Borde 6,5
Peso aproximado 113
Año fundición 1815
Descripción Na parte superior a campá ten a dedicación cunha petición de intercesión, propia da letanía dos santos: "SN ✱ MARTIN ORA PRONOBIS AÑO DE 1 8 I 5 ✱ ✱ ✱ "
que deberon escribr, en latín, "SANCTE MARTIN ORA PRO NOBIS ANNO 1815" e que significa SAN MARTÍN ROGA POR NÓS. (FEITA O) ANO 1815. Non habemos documentado o nome do fundidor.
A data da campá é peculiar: a primeira cifra é un 1, algo pouco habitual nas campás dese momento, cando o normal é un I mayúscula, utilizada na terceira cifra, mentres que o 5 final é arcaico. Utilizan, xa que logo dúas cifras "modernas" para o seu momento, as dúas primeiras, e outras dúas "antigas", as dúas segundas.
No medio pé pon o nome do responsable da fundición, con todos os seus cargos, en español: "S ✱ DO FABRO ✱ DE ESTA STA ✱ YGLESIA DE ORENSE Y CANO ✱ DOCTL ✱ EL SR ✱ DN PEDRO" / " ✱ ROJEL ✱ " é dicir, desenvolvendo as abreviaturas, SENDO FABRIQUERO DESTA SANTA IGREXA DE ORENSE E CANÓNIGO DOCTORAL O SER DON PEDRO ROJEL.
O Fabriquero é, ata hoxe, o canónigo responsable de mantemento da fábrica ou inmueble da Catedral, que aquí denominan Santa Igrexa de Orense, mentres que o Canónigo Doctoral é o asesor xurídico do cabildo catedralicio ou colegial e debe estar graduado en dereito canónico ou ser perito en cánones. (WIKIPEDIA 26-07-2015)
Inscripción tercio (2 cordóns)
"SN ✱ MARTIN ORA PRONOBIS AÑO DE 1 8 I 5 ✱ ✱ ✱ "
(2 cordóns)
Inscripción medio (00) (cruz de calvario)
(2 cordóns)
Inscripción medio pie (2 cordóns)
"S ✱ DO FABRO ✱ DE ESTA STA ✱ YGLESIA DE ORENSE Y CANO ✱ DOCTL ✱ EL SR ✱ DN PEDRO"
(2 cordóns)
(00) " ✱ ROJEL ✱ "
Inscripción pie (3 cordóns)
Prima Si 4 -47
Hum Mib 4 -48
Tercera menor Fa 5 -40
Quinta Sol 5 +43
Octava Re 6 -05
Toques tradicionales Diversos repeniques, sempre coa campá fixa.
Toques actuales Toca os cuartos conxuntamente coa campá 5. Diversos toques entre eles o volteo simulado.
Yugo Madeira
Estado de conservación O cepo pintado con almagre, de cor vermella.
O eixe, non torneado, repousa sobre unha tira de hierra disposta sobre os sillares da torre.
O mazo motorizado, demasiado grande para esta campá, pega demasiado baixo, con perigo de rotura da campá: xa falta un anaco de bronce.
A campá atópase por fóra da rexa de protección contra as aves, de modo que está exposta aos seus excrementos. A campá ten unha espesa capa de excrementos pola parte interior que impide a súa documentación.
Mecanismos para tocar (09) (mazo motorizado)
Protección Protección genérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual [Catedral de Orense] (1991)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (21-07-2006)
  • Editor LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 27-10-2016
    61 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com