Campanas de México

Igrexa de Santa María de Dordaño - OZA-CESURAS (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Dordaño - OZA-CESURAS (GALICIA)

Lugar Igrexa, 2
15391 OZA-CESURAS
Descripción Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, o espazo da nave está separado da cabeceira por medio dun arco triunfal.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro de madeira e, rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de tres corpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo fórmao un oco de arco de medio punto flanqueado por dous pináculos. No último corpo un pequeno frontón curvo cun oco circular no centro e coroado por un pináculo moldurado e unha cruz de forxa. Este corpo tamén está flanqueado por dous pináculos piramidais.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Las campanas 2 campás.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
LOUZAO VILLAR, Joseba - El sonido de las campanas: una aproximación al paisaje sonoro católico en la España contemporánea2018
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-04-17

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.PALACIO, DÁMASO185260125
Maior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)193675244
  • Registro reducido (PDF)
  • OZA-CESURAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com