Campanas de México

Concatedral Basílica de Santa María - VIGO (GALICIA)

Registro de las campanas

Concatedral Basílica de Santa María - VIGO (GALICIA)

Praza Igrexa, 10
VIGO

Época construcción 1811
Autores Melchor de PRADO e MARIÑO
Descripción Exemplo máis notable da arquitectura neoclásica galega.
Orixinariamente había outra igrexa que contaba cun cemiterio, pero debido ao mal estado desta e a que medidas lexislativas recomendaban a construción de cemiterios fose do centro urbano, decídese construír unha nova.
Hoxe en día acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, de intensa devoción na cidade.
A planta é basilical de tres naves. A nave central é máis alta que as laterais, estas últimas máis estreitas e con menos luz. A separación entre as naves faise a través de doce columnas dóricas co seu correspondente entablamiento con triglifos e metopas.
A fachada principal ten unha ornamentación sinxela, cunha composición clara e simétrica. O corpo central termina nunha ampla cornixa adornada con mútulas e perfís rectos, coroado o conxunto por un frontón triangular. Os corpos laterais están coroados por dúas torres xemelgas, máis barrocas que o resto da edificación.
Cabe destacar o Reloxo de Sol, situado na fachada ao lado dereito, colocado en 1837 obra do escultor Juan Agustín Domínguez. Este non está orientado cara ao sur como é o habitual, o cal fai que sexa singular. Este tipo de reloxos recibe o nome de declinantes.Turismo de Vigo
Graffitti Placa de mármore na fachada da catedral: "RECUERDO Á MARIA SANTISIMA / EN EL 1º.ANIVERSARIO DE LA PROCLAMACION DEL DOGMA / DE SU CONCEPCION INMACULADA. / VIGO VIII DE DICIEMBRE DE M C M I V."
Non documentamos grafitos nas torres e nas salas de campás
Conservación actual As campás conservan os badalos para os repiques circulares, limitados en dous delas pola instalación interior de electromazos que limitan eses toques tradicionais.
O cable do pararraios ten numerosos ángulos, que limitan a súa eficacia
Protección Ben: Conxunto Histórico Artístico A Igrexa colexiata de Santa Maria
Comunidade Autónoma: C. A. Galicia
Província: Pontevedra
Município: Vigo
Categoria: Conxunto Histórico
Código: (R. I.) - 53 - 0000217 - 00001
Rexisto: (R. I.) REXISTO BIC INMUEBEIS: Código definitivo
Data de Declaración: 08-02-1946
Data Boletín Declaración: 14-02-1946
Las campanas Na catedral atópanse ben separados os dous conxuntos tradicionais: na torre sur, do reloxo, están exclusivamente as dúas campás dos cuartos e das horas. A maior é do XIX mentres que a outra, inaccesible e difícil de documentar, podería ser do século XVII.

Na torre norte hai catro campás antigas e grandes na sala baixa e dúas modernas na sala alta. Aparentemente o conxunto orixinal soamente tería as catro campás maiores, unha do XVIII, dous do XIX e outra máis do século XX. Non é improbable que as dúas campás menores do ano 2000, situadas arriba, e de características epigráficas e sonoras ben distintas, fosen un agasallo de CARESA, costume habitual da empresa para asegurar a súa venda.
Esta ampliación, que non queda xustificada desde o punto de vista patrimonial, desequilibrou totalmente ambos os conxuntos tradicionais, realizándose agora os cuartos coas dúas pequenas, no canto de utilizar a campá propia, seguramente a máis antiga do conxunto.
Toques tradicionales Como é habitual na maior parte de Galicia, as campás estaban fixas e se repicaban, non soamente tirando do badajo senón movéndoo circularmente dentro de cámpana, e producindo un son continuo, moi característico.
Toques actuales Os electromazos utilízanse para os toques habituais. Para os toques festivos séguense repicando circularmente as campás, aínda que coa importante limitación dos electromazos colocados no interior que rompen todo o ritmo tradicional.
Actuaciones Probablemente no ano 2000 CARESA substituíu os cepos de madeira antigos por outros novos, colocou electromazos nas oito campás e instalou un computador de control. Anteriormente substituír o reloxo mecánico por outro electrónico desaparecido, e os tiros das campás do reloxo producíanse por motores instalados na antiga sala da maquinaria
Cuadrante solar
Hai un cuadrante solar con unha interesante e complexa inscrición.
Está asinado "Por Jun. Agn. Domez. Reloxero en esta Ciudad / AÑO Đ 1837", seguramente JUAN AGUSTÍN DOMÍNGUEZ.

 

Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
CLUB DE ASTRONOMÍA APÓSTOL SANTIAGO - Construcción de relojes de sol2010
INVITADO - Santiago de Compostela: Las catedrales gallegas carecen de equipos de mantenimiento continuo2008
LAMAS, Jorge - El hombre-mosca sobrevuela Vigo2012
VÁZQUEZ ARES, Mateo - Concatedral - Basílica de Santa María de Vigo2022

Vídeos de toques de campanas

IntérpreteVídeoFechaDuración
As campás03-05-201601:57
VÁZQUEZ ARES, MATEOToque manual na Concatedral23-01-202202:50
38 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 2022-02-01

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Casimiro (1)CARESA S. L. 20004864
Carme (2)CARESA S. L. 20005596
Cristo da Vitoria menor (3)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192792451
Ángel (4)RUCABADO, JOSÉ180795496
Santa Bárbara (5)RODRÍGUEZ, JUAN ANTONIO178297528
Cristo da Vitoria e Santa María (6)OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)19431231077
Campá dos cuartos (A)MUNAR I, JUAN DE (MERUELO)1630ca70199
Campá das horas (B)PALLÉS, YSIDRO1860100579

Computadoras

Computadora (1)


0 2

AutorCARESA S. L.
Descripción Hai mecanismos obsoletos do reloxo eléctrico, pero non fican elementos do reloxo mecánico, excepto unhas pesas caídas.
As mostras ou esferas do reloxo, recentemente repostas, levan propaganda ilegal nun monumento. Din "S. MANCLUS / VALENCIA" onde "S." quere dicir "SALVADOR".
Hai un ordenador CARESA, probabelmente instalado ou modificado por ELEMAR Da Coruña, xa que o seu nome figura en varias etiquetas batidas. no teclado di en tres etiquetas: "TOQUE / MISA" "TOQUE / VOLTEOS" "TOQUE / DIFUNTOS"
Editor de la ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 09-10-2013
8 Fotos de la computadora
Registro de computadoras
  • Registro reducido (PDF)
  • : campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com