Campanas de México

Igrexa de San Lourenzo de Ouzande - A ESTRADA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Lourenzo de Ouzande - A ESTRADA (GALICIA)

Lugar do redondo, s/n.
36681 A ESTRADA
Época construcción Secúlos XII-XVIII.
Descripción San Lourenzo de Ouzande, a pesares das reformas levadas a cabo no templo, conserva gran parte dos elementos da fábrica románica. A igrexa, en orixe, era de nave única e ábsida semicircular. A fachada principal e a nave, debido a unha profunda intervención feita en época moderna, son as que sufriron maiores modificacións. A nave, aínda que mantén parte da súa estrutura orixinal, víuse alterada con motivo da anexión de diferentes dependencias. Na cabeceira tamén se engadiu no lado norte a sancristía. A ábsida presenta un tramo semicircular, precedido doutro recto, que se une directamente á nave. Non posúe nin columnas nin contrafortes, aínda que o máis probable é que sí as tivese. O que si podemos ollar son os seus canzoriños. A ábsida presenta unha sinxela saeteira con remate semicircular en ambos extremos, sobre a que se dispoñe unha pedra armeira do marqués de Santa Cruz, e unha xanela cuadrangular ubicada no lado meridional, froito dunha intervención posterior. No interior, a ábsida cóbrese con bóveda de canón no tramo recto e de cascarón no hemiciclo. Dous arcos, un triunfal e outro perpiaño ou faixón, que está paralelo ao triunfal. Ámbolos dous son arcos de medio punto, algo peraltados (característica do románico compostelá) e cunha lixeira tendencia á ferradura, sobre todo o triunfal. No exterior, no cumio do tellado, cara ao poñente, ten o AGNUS DEI portando no lombo unha cruz de palmas ou de oito puntas. Esta cruz é de tradición hispánica, utilizada polos hispanovisigodos, é unha cruz que pertence ao grupo das patadas e é característica de Asturias. Castelao gustaba de chamarlle ás cruces que se erguen no cumio das igrexas, ás cruces antefixas, ás fillas ou netas, pola súa feitura, das irlandesas e escocesas, cruces cumiaes. Un carneiro portador dunha cruz está no piñón do muro do testeiro da nave de San Lourenzo. O tema do Agnus Dei, tan representado na miniatura mozárabe, está moi difundido no noso románico. O Agnus Dei, o Año de Deus ou Año Pascual, Xesucristo, aparece degolado porque foi inmolado e á vez en pé porque foi resucitado. Cristo é comparado constantemente ao longo da Biblia cun año, animal frecuentemente empregado nas ofrendas a Iavéh, é símbolo de bondade e de mansedume.
Na fachada ábrese unha porta alintelada, principal, de orientación occidental, apréciase o perfil dun arco de medio punto peraltado e cegado. Este arco, que facía o labor de descarga, é o único testemuño que nos queda da primitiva fachada románica que desapareceu tras a reedificación de parte da nave que tivo lugar, como se pode constatar nunha inscrición sita no lintel da porta lateral setentrional, no ano 1781, alusivo ás mencionadas reformas. Enriba do ingreso unha xanela rectangular abucinada e rompendo a forma pentagonal da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. No primeiro corpo, dous arcos de medio punto sobre machóns moldurados onde van penduradas as campás maior e mediana. No segundo corpo, un oco en arcos de medio punto onde vai pendurada a campá menor. Todo o conxunto vai rematado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
Las campanas 3 campás.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
CULTURA GALEGA - Curso breve e práctico de campaneiro2005
FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, Xosé - Campás e campaneiros da Estrada2023
GARCÍA, Rocío - La lengua perdida de las campanas2005
REDACCIÓN - A linguaxe das campás esmorece en Galicia logo de ser durante séculos un importante medio de comunicación local2005

Grabaciones de toques de campanas

IntérpreteGrabaciónFechaDuración
CHEDAS SANGIAO, ALFONSO (OUZANDE)Sinal de morto23-10-200501:19
CHEDAS SANGIAO, ALFONSO (OUZANDE)O enterro23-10-200501:32
CHEDAS SANGIAO, ALFONSO (OUZANDE)Chamar a misa23-10-200501:32
CHEDAS SANGIAO, ALFONSO (OUZANDE)¡¡Incendio!!23-10-200500:20
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-12-31

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.BLANCO PAZ, ANTONIO18444553
Mediana.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190260125
Maior.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190570199
  • Registro reducido (PDF)
  • A ESTRADA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com