Lugar Igrexa, 2 15391 OZA-CESURAS | |||||
Descripción | Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, o espazo da nave está separado da cabeceira por medio dun arco triunfal. A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro de madeira e, rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de tres corpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo fórmao un oco de arco de medio punto flanqueado por dous pináculos. No último corpo un pequeno frontón curvo cun oco circular no centro e coroado por un pináculo moldurado e unha cruz de forxa. Este corpo tamén está flanqueado por dous pináculos piramidais. Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. | ||||
---|---|---|---|---|---|
Las campanas | 2 campás. | ||||
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
| |||||
1 Fotos del campanario | |||||
Fichas de todas las campanas | |||||
Editor | TROIANO CARRIL, Xosé | ||||
Actualización | 2023-04-17 | ||||
Campanas actuales |
Campana | Fundidor | Año | Diámetro | Peso |
---|---|---|---|---|
Menor. | PALACIO, DÁMASO | 1852 | 60 | 125 |
Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1936 | 75 | 244 |
Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com