Campanas de México

Igrexa de San Pedro de Cadoalla - BECERREÁ (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Pedro de Cadoalla - BECERREÁ (GALICIA)

Lugar de Saa, 17.
27648 BECERREÁ
Descripción Trátase dunha igrexa de amplas dimensións, coñecida tamén como Mosteiro do Ecce Homo. Presenta unha nave principal cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A capela do testeiro, con bóveda de canón, actúa como contraforte da cúpula da nave central. Tres fortes piares, con arcos de medio punto, separan esta nave da lateral (que conserva vestixios de capiteis románicos) servindo ao mesmo tempo de apoio do teito.Consta de tres accesos, dous baixo a torre e outro nun lateral con porta alintelada sobre a que hai unha fornela e unha ventá rectangular. Preside o frontis unha robusta e esbelta torre apoiada sobre catro piares con arcos de medio punto que protexen o acceso ao templo; no segundo corpo da torre ábrese un van e unha seteira. Na cúpula apoia sobre catro arcos e pendentes, coroada por unha lanterna con oito ocos. No corpo superior hai catro vans e está coroado por unha cúpula.
No interior pódese ver unha imaxe do Ecce-Homo sobre unha peana, un retábulo barroco coas imaxes de San Roque, Santa Apolonia e San Xosé, e na capela lateral, un altar de pedra e as imaxes da Virxe do Carme, San Xoán e San Xosé, todas do século XVII.
Las campanas 2 campás.
Cuadrante solar
No ano 1815, o administrador do santuario mercou un reloxo de sol por 370 reais que mandou colocar na torre do campanario.

 

1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2024-05-03

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)70199
Maior.PORTILLA, HERMANOS75244
  • Registro reducido (PDF)
  • BECERREÁ: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 06-07-2024 ✱ 083038@gmail.com