Campanas de México

San Mamede de Laraxe - CABANAS (GALICIA)

Registro de las campanas

San Mamede de Laraxe - CABANAS (GALICIA)

Época construcción Século XVII.
Descripción Igrexa do século XVII, que na súa orixe foi de estilo gótico. Planta rectangular. A nave está dividida en tres tramos, cubertos con bóvedas de arestas reforzados por arcos faixóns de medio punto. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal semicircular. Conta con interesantes retablos de características historicistas. A fachada principal, con tres corpos, agrupa a ornamentación. No corpo central superpóñense a porta de entrada, alintelada e enmarcada por unha moldura cóncava, un pequeno oco para iluminación e, rompendo a cornixa, a base da espadaña dobre, rematada en pináculos.

No seu interior podemos observar distintos estilos, como no altar maior de estilo renacentista provinciano ou no retablo de estilo historicista. O altar maior foi encargado a Alonso Boceto de la Fuente, de Pontedeume, o 4 de maio de 1626, quen puido ser o autor dos restos de pintura que hai detrás deste.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-07-28

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá menor.PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)186265159
Campá maior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)194080296
  • Registro reducido (PDF)
  • CABANAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com