Lugar de Baio pequeno, 25 15150 ZAS | ||||
Descripción | A Igrexa de Santa María de Baio ten planta de salón formada por unha nave rectangular e unha capela maior. A sancristía apégase ao muro leste do presbiterio. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón, protexida por un arco faixón na súa parte central, como é habitual na zona. Un arco triunfal comunícaa directamente coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira, mentres que a sancristía aparece cuberta cunha bóveda de crucería nervada. Volumetricamente ó exterior diferéncianse tres volumes, claramente en xustaposición: nave, presbiterio e sancristía. Os dous primeiros con tellados a dúas augas e o terceiro con tellado a tres vertentes. A fachada, de cantería, ten un grande interese formal xa que a súa porta principal aparece enmarcada por unha dobre orelleira. Esta posúe molduras entrantes e saíntes que lle outorgan gran plasticidade. Como edificio barroco, a cornixa mixtilínea acentúa o movemento, o que tamén contribúe a fornela que alberga á Virxe titular. A espadana móstrasenos sobre unhas cornixas de sinxelas molduras. Está formada por un único corpo composto por dous arcos de medio punto sobre grandes pilastras. Balaústres de pedra completan o xogo de claroscuros, predominantes nesta fachada. Un frontón triangular aberto no centro remata o frontispicio. | |||
---|---|---|---|---|
Las campanas | 2 campás. | |||
2 Fotos del campanario | ||||
Fichas de todas las campanas | ||||
Editor | TROIANO CARRIL, Xosé | |||
Actualización | 2023-08-26 | |||
Campanas actuales |
Campana | Fundidor | Año | Diámetro | Peso |
---|---|---|---|---|
Campá menor (1) | CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA) | 1944 | ||
Campá maior (2) | CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA) | 1944 |
Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com