Campanas de México

Santiago de Allariz - ALLARIZ (GALICIA)

Registro de las campanas

Santiago de Allariz - ALLARIZ (GALICIA)

Praza Maior.
32660 ALLARIZ
Época construcción Séculos XII-XIII
Descripción A Igrexa de Santiago de Allariz é un templo románico construído entre os séculos XII (cara a 1119) e XIII. Do XII conserva a nave, con presbiterio de tramo recto e ábsida semicircular, e a portada norte, que recorda as tradicións prerrománicas con modillóns cilíndricos nas arquivoltas. Cada un destes rolos presenta unha decoración a base de rosetas e recordos castrexos.

No exterior destaca a cabeceira da igrexa, cunha ábsida semicircular, cun paramento dividido en varios panos por columnas e capiteis vexetais e historiados. Este tramo semicircular da ábsida e un triunfo da decoración figurativa románica con arquearía cega.

No interior a nave presenta un teitume de madeira, arco triunfal, e o tramo do presbiterio cóbrese con bóveda de canón e a ábsida con bóveda de cuarto de esfera. Conserva un frontal de altar románico
decorado cunha arcada de medio punto con claras influencias do Mestre Mateo.

Da capela cabe destacar a Virxe da Esperanza de Juan de Juni, renacentista, con elegante decoración xeométrica e cuberta con bóveda estrelada.

Foi declarada Monumento Histórico -Artístico en 1931.
Las campanas 3 campás (Dúas na igrexa e unha na torre do reloxo).
Cuadrante solar
Hai un cuadrante solar.

 

3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-08-13

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá das horas.MALINGRE PARMENTIER, MANUEL1866
Campá maior.CARESA S. L. 2001
Campá menor.CARESA S. L. 2001
  • Registro reducido (PDF)
  • ALLARIZ: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 02-07-2024 ✱ 083038@gmail.com