Campanas de México

Igrexa de Santa Baia de Brens - CEE (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa Baia de Brens - CEE (GALICIA)

A Grixa, s/n.
15298 CEE
Descripción Situada na marxe esquerda da ría de Corcubión, a Igrexa de Santa “Eulalia” de Brens consta dunha capela maior rectangular e un corpo basilical dividido en tres naves, froito dunha ampliación sufrida no ano 1956. A nave central, orixinal, é máis ancha cas laterais. A sancristía está apegada á capela maior polo seu lado norte e comunica directamente coa sancristía. A capela maior cóbrese con bóveda de canón de cantería. Ós pés da igrexa aparece un coro alto ó que se accede por unha escaleira que discorre polo interior da torre. Chama a atención a presencia dun ciborio moderno sobre o cruceiro con forma de torre e rematado por un tellado a catro augas. As naves laterais divídense en tres tramos e cóbrense con bóvedas de formigón recentes. O exterior da capela maior é de perpiaños ben labrados en perfecta estereotomía e cóbrese cun tellado a dúas augas. A fachada principal seguía un esquema pentagonal, hoxe un tanto desvirtuado pola ampliación do templo. A torre de campás está apegada ó muro sur sendo de planta cadrada. Ten dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto sobre piares e o superior, coroado cunha lanterna rematada por un pináculo e adornada con outras máis pequenas de estilo barroco.

No interior destaca o retablo maior que se divide como é habitual en predela, corpo central e ático. Este retablo vincúlase pola súa decoración cos artistas composteláns Casas e Novoa e Simón Rodríguez. Así, apreciamos elementos decorativos típicos dos mestres citados, como orelleiras, estípites, froitas carnosa, placas… A fornela do pano central do corpo principal está presidida pola imaxe de Santa Eulalia con coroa de prata, palma de martirio e libro. É unha fermosa escultura barroca de excelente talla, con dobras moi delicadas.
Las campanas 2 cmpás.
6 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-10-30

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá menor (1)LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190665159
Campá maior (2)LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190681308
  • Registro reducido (PDF)
  • CEE: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com