Campanas de México

Ermida de Santa Mariña de Tosto - CAMARIÑAS (GALICIA)

Registro de las campanas

Ermida de Santa Mariña de Tosto - CAMARIÑAS (GALICIA)

Santa Mariña, s/n.
15122 CAMARIÑAS
Descripción Campá da igrexa de Santa Mariña de Tosto (Camariñas, A Coruña). Unha campá fundida pola fundición Ortiz na Coruña pero non sabemos o ano.
Onde hoxe está situado a pequena capela e o campo da festa, os eremitas benedictinos fundaron o mosteiro de Santa Mariña de Tosto que foi obxecto de múltiples saqueos por parte de piratas e normandos que se infiltraban pola costa, non quedando na actualidade vestixio dese pasado. Un dos primeiros documentos conservados que fai referencia ás terras da Costa da Morte é unha rica doazón a favor do mosteiro de Santa Mariña de Tosto (Xaviña – Camariñas), datado no ano 1046. O cronista benedictino fray A. de Yepes afirmaba a inicios do século XVII que este mosteiro era moi antigo, posiblemente de principios do século X, e que debido á súa riqueza, fora saqueado en varias ocasións, en parte, pola súa proximidade á costa. No último cuarto do século X o mosteiro foi restaurado como priorato do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares pero sería destruído de novo para voltar a ser reedificado a finais do século XII cando o abade de San Paio lle concede as terras que van desde San Simón de Nande (Laxe), San Martiño de Carantoña e San Cristovo de Carnés (Vimianzo) e San Pedro de Leis (Muxía) ata o mar, dándolle tamén para o seu sustento as rendas do coto de Moraime (Muxía). No século XVII, arruinados os claustros, tan só quedaba en pé a igrexa, da que hoxe só lle queda unha simple capela, quedando da fábrica románica o arco triunfal do seu interior.
Las campanas 1 campá.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-09-17

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá (1)ORTIZ1950ca
  • Registro reducido (PDF)
  • CAMARIÑAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com