Campanas de México

Igrexa de Santa Mariña de Lemaio. - A LARACHA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa Mariña de Lemaio. - A LARACHA (GALICIA)

O Grixario, s/n.
15146 A LARACHA
Descripción Estamos ante unha igrexa rural con planta de salón, dunha soa nave con cabeceira de planta rectangular, presbiterio e sancristía, de orixe románica. A cuberta está resolta a dúas augas, con cubrición de fibrocemento, estrutúrase por medio dunha bóveda de canón rebaixado que se apoia nos muros de carga de mampostería. Están reforzados por dous contrafortes, coincidentes co arco de medio punto interior que separa o presbiterio da nave. Interiormente, a igrexa está precedida por un vestíbulo sobre o que se encontra o coro, ó que se accede por unha escaleira de caracol situada na parte dereita da mesma, que tamén conduce á espadana. Ó pé da escaleira sitúase unha pía de auga bendita, formada por dous capiteis prerrománicos.
A fachada principal, está construída con cantería irregular, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco circular no medio, flanqueado por dous pináculos piramidais e coroa o conxunto outro pináculo piramidal cunha veleta e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego,aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-12-26

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)190964.5155
Maior.OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)194974.5239
  • Registro reducido (PDF)
  • A LARACHA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com