Descripción
| Ermida situada no Lugar do Seixo na freguesía de San Miguel do Castro, A Estrada. Ten Planta rectangular con muros en mampostería con tellado aa dúas augas. Fachada moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal de arco de medio punto. Sobre o ingreso un óculo semicircular abucinado e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar as campás. O segundo corpo sobre cornixa, un pequeno frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto central, franqueado por dous pináculos moldurado con bóla. Remata o conxunto un pináculo similar ós anteriores sobre o frontón cunha cruz de forxa enriba. |
---|