Campanas de México

Ermida de San Caetano de Formigoso - BAÑOS DE MOLGAS (GALICIA)

Registro de las campanas

Ermida de San Caetano de Formigoso - BAÑOS DE MOLGAS (GALICIA)

Lugar de Formigoso, 31,
32701 BAÑOS DE MOLGAS
Descripción A pequena capela de San Caetano de Formigoso posúe planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 11,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. No fronte destaca o arco de medio punto cegado sobre o que se insire a porta de acceso. Coroándoo, unha pequena espadana cun van onde se atopa a campá, apoiada sobre cornixa, e remate en cruz de pedra adornada con pequenos pináculos rematados en bolas. Ademais, remates de pináculos con bolas e ventás nos laterais.

Formigoso, queda a par de Baños de Molgas. Consérvase a tradición de ter existido aquí Casa Grande. O que non é tradición, senón realidade, é que na capela de San Caetano, padroeiro do pequeno lugar, á beira da porta frontal, hai un escudo que acaso non teña relación algunha coa problemática señorial que imos historiando. ¿Ou si? É un escudo sen cimeira, pero si empenachado de tres grandes frondas ou plumas e con macollas ó pé anoadas por flor de lis. Unha banda engolada en dragantes divide de enxergo o campo con lobo pasante a cada lado. Abranguen o escudo deica sobrepasar o xefe, dous grandes cobrós.
Poden ser armas de Garrido; o P. Crespo (Blasones, XXI, 36) sitúa ós Garrido nas Terras da Limia. Un Xoán Garrido vemos en Lodoselo a mediados do XVII, cuxo neto, Pedro Garrido, ven casar con Ana María de Nóvoa no Val do Medo, da casa de Maceda. Non falta o apelido Garrido neste Val.
Las campanas 1 campá.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-04-09

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Única.MURUA19594037
  • Registro reducido (PDF)
  • BAÑOS DE MOLGAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com