Campanas de México

Igrexa de San Xoán de Vilar de Santos - VILAR DE SANTOS (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Xoán de Vilar de Santos - VILAR DE SANTOS (GALICIA)

Rúa da Igrexa, 12.
32650 VILAR DE SANTOS
Descripción Igrexa parroquial de planta rectangular, tellado a dúas augas e estilos románico e neorenacentista construída con perpiaño granítico de boa calidade na modalidade de opus vittatum, é dicir, pedras regulares de tamaño disímil. Ubicado nun sobranceiro outo do Parque de Cachalgura, o templo posúe aínda boa parte dos elementos arquitectónicos que, de maneira inequívoca, o distinguen como igrexa de matriz románica: porta de acceso abucinada por medio de arquivoltas molduradas en forma de arco apuntado, canzorros figurados, ábsida semicircular con saeteiras enmarcadas en arquiños de medio
punto, etc...
Cada unha das arquivoltas da portada atopa sustento en cadansúa columniña adosada -xa for de fuste liso ou figurado-, pezas dotadas de basas articuladas por toros e escocias de orde crecente conforme ganan en altura. Pola súa parte os capiteis presentan variada figuración animalística e humana (cabezas, caras, extremidades...) acorde coa simboloxía do momento (tardo-románico; Século XIII-XIV). A arquivolta máis exterior, amáis de funcionar a xeito de tornachuvias da portada, presenta a singularidade dunha serie de dentes de serra interiores de tamaño irregular. A fachada complétase cun óculo circular, un escudo señorial e unha espadana, elementos todos eles propios dos séculos XVI-XVII que foron engadidos ao templo con motivo da renovación estética contrareformista experimentada en pleno barroco.
Os laterais do templo aínda conservan os canzorros figurados propios deste estilo artístico, elementos que, maiormente, definen “vicios condenables" polas normas moráis do momento: gula, envexa, carne..
Las campanas 3 campás.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-05-22

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Maior.ROSAS, CAMPANAS2011
Mediana.ROSAS, HIJO DE MANUEL1992
Menor.1875
  • Registro reducido (PDF)
  • VILAR DE SANTOS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com