Campanas de México

Igrexa de Santa María de Trazo - TRAZO (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Trazo - TRAZO (GALICIA)

Lugar da Baixa de Trazo
15687 TRAZO
Descripción Esta igrexa parroquial do século XII e estilo románico, do que só perdura o tramo absidal, é unha das fundacións máis antigas da comarca de Ordes. Aparece citada xunto cos templos de San Pedro de Benza, San Xoán de Campo e Santaia de Pereira na designación de igrexas da sede de Iria de Tructinio (c. 830), dentro do territorio de Montaos.
Presenta planta rectangular dunha nave con cabeceira cadrada destacada, onde aínda conserva unha primitiva xanela central de medio punto sobre columnas cilíndricas rematadas en capiteis entre os que se adiviñan motivos vexetais, destacando a decorada chambrana.
O oco central emprégase fornelo para unha imaxe pétrea da Asunción sobre a cabeza de varios querubines e apoiada sobre dúas pezas graníticas reutilizadas.
No testeiro sobresae unha sinxela cruz.
O muro lateral sur absidal mostra dous canzorros zoomorfos, algo pouco frecuente na comarca. Unha fera con aspecto de cánido de corpo enteiro, de costas e coa cabeza volta cara ao espectador con xesto ameazante. A outra son os cuartos dianteiros dun animal cuxo rostro desapareceu, pero polo tratamento do pelame parece un león.
Mentres que o norte permanece agochado pola sancristía engadida no ano 1671.
Nese mesmo muro norte advertimos unha porta de medio punto tapiada.
Na fachada, moi recente, podemos ler unha inscrición na que apreciamos a súa data de construción: “Se hizo esta obra siendo cura párroco D. Juan Mosquera Bello 1868”. Sobre esta, unha espadana de dous vans nos que albergar as campás. O corpo superior adórnase con pináculos.
No interior, a zona máis interesante sen dúbida é o presbiterio, ao que se accede traspasando o arcaván triunfal de medio punto, sobor columnas acaroadas con magníficos capiteis vexetais de escola compostelán (obradoiro de M. Esteban?), e basas clásicas.
Os dous tramos que conforman o recinto, sepáranse tamén cun arco faxón de medio punto e características semellantes o anterior.
Preside o altar maior, un retablo con cinco imaxes e sagrario.
Xunto á porta principal de entrada, unha pía bautismal e outra de auga bendita, ambas moi sinxelas.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-08-22

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Maior.DE MIGUEL MARTIN, CÉSAR1968
Menor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)1898
  • Registro reducido (PDF)
  • TRAZO: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 08-07-2024 ✱ 083038@gmail.com