Campanas de México

Igrexa de San Cibrao de Bribes - CAMBRE (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Cibrao de Bribes - CAMBRE (GALICIA)

Rúa do Mosteiro, 21.
15659 CAMBRE
Época construcción Século XVIII. Reconstruída doutra máis antiga.
Descripción Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, agás a fachada feita con boas pezas de cantería á vista. A cuberta realízase a tres augas ó igual co corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza sinxela, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro e debaixo deste, unha pedra coa inscrición: “AÑO D 1778”. Rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana dun corpo composto de dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. Remata este corpo por un frontón triangular coroado por unha cruz octogonal de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-12-18

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)18965072
Maior.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)189660125
  • Registro reducido (PDF)
  • CAMBRE: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com