Campanas de México

Ermida da Mercé de Lapido - AMES (GALICIA)

Registro de las campanas

Ermida da Mercé de Lapido - AMES (GALICIA)

Lugar da Barreira, s/n.
15220 AMES
Época construcción Século XVIII.
Descripción Capela de planta cuadrada, feita de mampostería , revocada con cemento e Pintada de branco. Na fachada ten unha porta con marco adintelado e un pequeno nicho que aloxa á imaxe da Virxe da Mercé, e por enriba unha pequena ventá redonda. Remate en espadana con ocos para as campás, e acabado en cruz de forxa. Situada nunha ladeira acusada do monte cercano e con un gran carballo a carón do seu adro, e un cruceiro no camiño de entrada, forma un recuncho ben conservado a beira do camiño da aldea. Segundo nos informa a páxina de patrimonio do concello:
“unha inscrición, situada no exterior do propio edificio, esta capela construíuse a mediados do século XVIII. En 1786 Cornelio García, labrador veciño de Lapido, solicita a bendición da capela e a autorización para celebrar culto. Non obstante, e dado que a imaxe da Virxe co neno que preside a fachada parece antiga e ten un aire medieval, a devoción podería ser ben anterior. Con toda probabilidade sufriu arranxos importantes con posterioridade. A construción é sinxela, composta por unha soa nave de planta rectangular. O campanario pertence a unha época máis tardía. No interior conserva a austeridade, sen outro ornamento que un retablo de estilo neogótico na capela maior”.
Las campanas 2 campás.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2024-01-03

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA19905072
Maior.JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA199060125
  • Registro reducido (PDF)
  • AMES: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com