Campanas de México

Capela da Magdalena de Milladoiro - AMES (GALICIA)

Registro de las campanas

Capela da Magdalena de Milladoiro - AMES (GALICIA)

Rúa Estivada de Castelao, 5.
15895 AMES
Descripción Capela de planta rectangular con corpo engadido na cabeceira. Feita con muros de perpiaños e tellado a dúas augas. Na fachada leva porta alintelada e remata na parte superior en pequeno beirado cunha base cadrada da que arranca a espadana de dous corpos. O principal leva dous vans para as campás con arco de medio punto e o de enriba é un pequeno edículo con oco en forma de ovalo para adornar o cume e que remata con lados redondeados e unha cruz de forxa no cume . Tanto a espadana como os remates laterais da fachadas levan pináculos de bóla. Pola súa situación nun outeiro, esta ermida de orixe románica, era o punto no que vían as torres da catedral por vez primeira os peregrinos que facían o camiño Portugués.
Para algúns autores, o topónimo do Milladoiro , onde está a capela, lembra a existencia dun “humilladoiro” do Camiño de Santiago. Aquí os peregrinos que chegaban pola ruta marítima e o Camiño Portugués ao ver as torres da catedral compostelana, axeonllábanse e daban grazas a Deus por poder acabar o camiño.
Outros especialistas no camiño sinalan que recibiría o seu nome pola existencia dun “amilladoiro”, una morea de pedras que deixaban os peregrinos que facían o camiño. Os romeiros deixarían, no primeiro lugar de avistamento da Catedral, unha pedra traída desde a súa terra natal, para que fose testemuño da súa camiñada para que cando chegase o momento do Xuízo Final, as pedras falasen ao seu favor dando conta da súa devoción e peregrinaxe a Compostela
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2024-01-31

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO18014037
Maior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19415072
  • Registro reducido (PDF)
  • AMES: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com