Campanas de México

Igrexa de Santa María de Caleiro - VILANOVA DE AROUSA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Caleiro - VILANOVA DE AROUSA (GALICIA)

Lugar de Caleiro, s/n.
36629 VILANOVA DE AROUSA
Descripción Edificación relixiosa do século XII de estilo románico, con planta e cruz latina e cuberta a tres augas. Presenta capelas laterais adosadas e torre campanario en posición lateral.
Do seu estilo románico só se conserva a ábsida semicircular (que destaca pola súa colección de canzorros de influenzas visigóticas), e restos dos muros da nave que foi transformada coa adición da Capela do Cristo dos Crespo no muro setentrional no ano 1588, e coa construción da capela do Carme.
De época románica tamén é a porta da fachada occidental, con arquivolta en boquetón de medio punto apoiados en pedras graníticas impostadas no muro, con figuración humana y floral moi erosionada e de difícil lectura.
O interior presenta bóveda de canón de dous tramos.
A Capela do Cristo dos Crespo, adosada ao corpo principal, foi creada por Pedro Otero. Presenta planta rectangular e bóveda de crucería con lacería, e arco triunfal con medallóns ao estilo do Renacemento compostelán de Gil de Hontañón e Jácome García.
Nos esquinais podemos ver as imaxes de San Agustín, San Ambrosio, San Gregorio Magno e San Xerónimo.
Dúas fornelas acollen as representacións de Pedro de Otero e a de Cristo crucificado.
No chan se conserva a lauda de Pedro de Otero, coa representación das cinco chagas de Cristo.
A Capela do Carme, do ano 1906, de construción sinxela e cuberta con bóveda de aresta enlucida.
Las campanas 2 campás.
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2024-05-23

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Maior.OCAMPO, MELCHOR; OCAMPO JOSÉ1898
Menor.OCAMPO, MELCHOR; OCAMPO JOSÉ1898
  • Registro reducido (PDF)
  • VILANOVA DE AROUSA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com