Campanas de México

Igrexa Antiga de Santa María - OLEIROS (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa Antiga de Santa María - OLEIROS (GALICIA)


Descripción Igrexa parroquial de orixe románica do século XIII, de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía acaroada ó muro sur. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada agás esquinais, vans e espadana. Teito artesoado de madeira e cuberta a dúas augas con tella curva do país. Un arco triunfal de medio punto divide o acceso da nave ó presbiterio. No muro norte hai unha porta cegada e unha troneira abucinada de feitura medievalA fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo e rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.
Las campanas Con respecto as campás ten dúas, unha en cada oco, teñen xugos de madeira en moi bo estado de conservación e tócanse a man mediante unha cadea.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
TROIANO CARRIL, Xosé - Igrexa de Santa María de Oleiros (A Coruña)2020
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 2020-11-15

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá pequenaAZA Y BLANCO, JOSÉ ANTONIO DE184856102
Campá grandePALACIO, DÁMASO185258113
  • Registro reducido (PDF)
  • OLEIROS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com