Lugar de Vilar de Sobremonte, 6. 15125 MUXÍA | |||||
Descripción | Da igrexa primitiva románica consérvanse dúas fermosas ábsidas de forma circular: o central e o lateral da parte sur. A ábsida central accédese por medio dun arco triunfal de medio punto, apoiado sobre dúas columnas que rematan en sendos capiteis, cubríndose esta ábsida cunha bóveda de canón. A ábsida lateral sur é tamén románico, aínda que de dimensións máis reducidas. A ábsida da parte norte foi sustituída por unha construción de forma rectangular, rachando deste xeito a simetría da fermosa cabeceira desta igrexa. Esta modificación levouse a cabo no ano 1708 polo Pai Velasco, segundo consta nunha inscrición que hai no interior da igrexa. Neste lugar instalouse primeiro a capela de San Miguel, que pasou máis tarde a se-la do Rosario. Aínda que a estrutura da planta desta igrexa semella moi antiga, as reformas sufridas nos séculos XVII e XVIII cambiaron totalmente o aspecto do templo primitivo. Igrexa de San Martiño de Ozón. No seu aspecto externo diferenciamos dúas partes ben distintas: por un lado a fachada, de pouco interese, exceptuando o campanario de estilo barroco e os muros laterais e por outra banda a cabeceira, de interesante valor arquitectónico, onde podemos observar na ábside central unha fermosa fiestra con dúas columnas acodilladas, de puro estilo románico, así coma unha rica e variada colección de canzorros, que treman das cornixas das dúas ábsidas semicirculares. No interior desta igrexa foron soterrados varios membros da familia dos Lema, entre eles D. Alonso de Lema de Quintáns en 1595, a quen correspondeu a primeira sepultura de dotación dentro da igrexa, e Dona Ana Álvarez de Carantoña, muller de D. Isidro Vázquez de Lema. http://www.concellomuxia.com/ (14-02-2015) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Las campanas | 2 campás. | ||||
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
| |||||
2 Fotos del campanario | |||||
Fichas de todas las campanas | |||||
Editor | TROIANO CARRIL, Xosé | ||||
Actualización | 2023-10-05 | ||||
Campanas actuales |
Campana | Fundidor | Año | Diámetro | Peso |
---|---|---|---|---|
Campá pequena (1) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 50 | 72 | |
Campá grande (2) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 70 | 199 |
Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com