Campanas de México

- Sen pistas da campá de Noicela

Sen pistas da campá de Noicela

Onte cumpriuse unha semana desde que polo menos tres individuos cargaron nunha furgoneta a centenaria campá pequena da igrexa de Noicela-Carballo e segue sen haber pistas do seu paradoiro. Os fregueses especulan coa posibilidade de que poida acabar noutro templo ou que directamente vaia destinada como chatarra á fundición para aproveitar o seu peso de bronce, pero hoxe, despois da misa, terán unha reunión para ver que fan, probablemente comprar unha nova.

Esta non é a primeira vez que se produce un roubo deste tipo na comarca, en abril do 2011 ocorreu o mesmo na capela de Alborís, na Alta de Rus de Carballo, un templo relativamente novo, que se levantou xunto ao cemiterio, xusto á beira da estrada A Silva-Anxeriz.

Practicamente pola mesma época en Santa Susana de Numide, no veciño municipio de Tordoia, ocorreu máis ou menos o mesmo, e tampouco se volveron a ter noticias do paradoiro do roubado.

O bronce co que están elaboradas é o principal atractivo para quen as subtraen.

CARBALLO

La Voz de Galicia (29-09-2013)

  • Parroquia de Santa María de Noicela - CARBALLO: Campanas, campaneros y toques
  • Capela de Santa Susana - TORDOIA: Campanas, campaneros y toques
  • CARBALLO (GALICIA): Campanas, campaneros y toques
  • TORDOIA (GALICIA): Campanas, campaneros y toques
  • Destrucciones de campanarios y campanas: Bibliografía
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 02-07-2024 ✱ 083038@gmail.com