Campanas de México

Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Rúa Nova, 31.
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Descripción Este pequeno templo situado en plena rúa nova, é un dos máis populares de Santiago. Foi fundado por un cóengo da catedral chamado Pelagio, en tempos do Arcebispo Xelmírez, o prelado que segundo a tradición atopou refuxio nos seus muros cando fuxía do pobo amotinado. Está dedicada a nai do apóstolo Santiago e de San Xoán Evanxelista. Conserva parte da portada do século XII, protexida por un soportal oxival, que se engadiu no século XV. Destacan nela os canzorros románicos sobre os que apoia o artesonado do pórtico e os dous capiteis das columnas de ambos lados. Posteriormente a portada primitiva engadíronselle diversas esculturas que hoxe compoñen o seu maior atractivo. A Virxe co Neno que se ve na clave, como colgada da arquivolta con anxos orantes, é gótica. Forma parte da escena da Anunciación ,que se completa co Arcanxo Gabriel e a virxe, en estado de xestación, a ambos lados da figura. A Torre Barroca exemplo da popularidade acadada polo modelo de campanario de igrexa de San Fiz de Solovio, foi trazada por Simón Rodríguez e construída por José Crespo en 1743. No interior merecen atención as capelas dedicadas a Cristo e a San Xosé que ten cuberta gótica, o retablo de Miguel Romay e a talla do calvario realizada polo escultor Bartolomé Fernández.
Las campanas 2 campás.
8 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-03-10

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá gótica de Santa Maria Salomé1420ca57107
Maior.PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)186262138
  • Registro reducido (PDF)
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 02-07-2024 ✱ 083038@gmail.com