Campanas de México

Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Inventario de campanas

Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Campanas actuales

Campá gótica de Santa Maria Salomé


Localización Torre-campanario
Diámetro 57
Altura bronce 53
Peso aproximado 107
Año fundición 1420ca
Descripción Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario.
A inscrición gótica en minúscula, excepto o L, é simplemente o alfabeto. Algunhas letras van xuntas (bc, hi, qr) sen ningunha intención aparente. Hai dous signos de separación: unha estrela regular en campás, que representamos ✱, e unha flor en marco cadrado, que representamos ❖. Ao final aparecen dous signos verticais que se repiten, e que unhas veces aparecen como signo de abreviatura, e outras como z, en todo caso é unha forma de pechar a serie de letras.
O uso do alfabeto aparece nas campás máis antigas (séculos XIII, XIV, XV) como representación da orde da natureza, pero tamén pode ser unha forma de encher un espazo, por medo ao baleiro. Porén, as dúas liñas do medio e do medio pé están baleiras, sen ningún problema.
Debaixo do alfabeto aparece unha imaxe gótica de Ecce Homo ou Home de Dores que podería significar que Cristo está suxeito ás leis da natureza como un home ou que as domina como Deus.
En todo caso, pola fonte, a inscrición alfabética, o uso do Ecce Homo e a ausencia de cruz, esta campá pódese datar a principios do século XV.
Inscripción hombro (00) " ❖ ✱ "
Inscripción tercio (Cordón)
"a bc de ✱ f ✱ g hi ❖ k ✱ L m ✱ n ❖ o p ❖ qr s t u x z z"
(cordón)
(00) (Ecce Homo rodeado de cinco ✱ )
Inscripción medio (Cordón)
(cordón)
Inscripción medio pie (Cordón)
(cordón)
Yugo Xugo de madeira.
Mecanismos para tocar Badalo sen ningunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-03-2023)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé
    Fecha 10-03-2023
    83 Fotos
  • Volver a la página anterior

    Maior.


    Localización Torre-campanario
    Diámetro 62
    Altura bronce 55
    Peso aproximado 138
    FundidorPALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)
    Año fundición 1862
    Descripción Campá maior pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1862 por Palacio e liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).
    Inscripción tercio 2 cordóns /
    IHS MARIA Y JOSE AͶO D 1862 ѧ /
    2 cordóns.
    Inscripción medio Presenta unha cruz con pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e xeométrica. Os brazos teñen remates a modo de potenzada.
    Inscripción medio pie 2 cordóns /
    ѧ PALACIO Y LISTE EͶ ORAZO ѧ /
    2 cordóns.
    Yugo Xugo de madeira.
    Mecanismos para tocar Badalo cunha corda.
    Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
    Autores
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-03-2023)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé
    Fecha 10-03-2023
    6 Fotos
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 04-07-2024 ✱ 083038@gmail.com